O BNG de Rianxo presentará alegacións ao proxecto autonómico de transporte de viaxeiros

10 Outubro 2025

O BNG de Rianxo presentará alegacións ao proxecto de explotación do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada da comarca do Barbanza, en exposición pública na actualidade. Farao, segundo fixo saber a agrupación, “por varios razóns”, a primeira das cales é que “non se promoveu sequera establecer comunicacións intraprovinciais de transporte coa provincia de Pontevedra, cando existe unha importante demanda desde o Barbanza e en concreto de Rianxo, con Catoira, para desde alí acceder á estación do tren e poder comunicar tanto con Santiago como co eixe Pontevedra-Vigo”.

Esta eiva, sinalan, afasta a posibilidade para moitos estudantes e mesmo traballadores/as para empregar o transporte público para estudos ou traballo.

Galiza Nova (BNG) recolleu neste senso 2.000 sinaturas nunha campaña en apoio desta proposta.

Sinalaron que a segunda razón radica “na inadmisíbel desaparición das liñas que de sempre daban servizo ao Araño, Asados ou Isorna con Compostela e que no documento desaparecen”.

Opinan que “non vale que fiquen en Padrón pois moitas das viaxes teñen como destino Santiago de Compostela”.

Para o grupo “unha nova concesión debe ampliar e non rebaixar os servizos actuais, menos cando no propio documento xa se sinala que en conxunto vai ser unha explotación subvencionada pola Xunta; polo tanto dentro desta axuda pública debe axudar a vertebrar a comarca e as parroquias do rural”.

O BNG solicitará unha xuntanza inmediata tamén da Xunta de Portavoces do Concello para antes do día 15 de outubro sumarse á presentación de alegacións

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...