O BNG de Outes esixe ao Concello a expulsión definitiva do concelleiro tránsfuga

24 Outubro 2025

O Bloque Nacionalista de Outes, a través do voceiro Anxo Núñez, pronunciouse sobre a situación do concelleiro tránsfuga Antonio Caamaño, quen logo de militar nas fileiras do PSdG local propiciou o cambio de goberno aliándose co PP (polo que foi expulsado do seu partido).

O grupo nacionalista fixo saber que “xa chegou ao Concello a expulsión definitiva do PSOE ao concelleiro Antonio Caamaño”, polo que a agrupación esixe ao alcalde “a súa expulsión inmediata do Goberno”. Declaran que “o informe de Secretaría Municipal indica, claramente, que unha vez confirmada a expulsión definitiva non poderá formar parte do equipo de Goberno nin ter remuneración” e engaden que “o Partido Popular local coñece, perfectamente, o que indica o informe e xa non quedan máis escusas para mantelo no Executivo”. Indican que Antonio Caamaño “deu o seu voto, e non o dos veciños de Outes, para propiciar que o PP se fixera co Goberno de Outes”.

O voceiro do BNG, Anxo Núñez, recorda que “segundo o informe de Secretaría emitido uns días antes da moción, no momento no que chega a expulsión definitiva do PSdG, o concelleiro tránsfuga, declarado oficialmente ao pasar a non adscritos, non poderá nin formar parte do Goberno nin cobrar polos cargos que desempeña”. Engade que o alcalde e o seu equipo “coñecen perfectamente o contido deste informe da Secretaría Municipal e, polo tanto, dende o BNG, esixímoslles que cumpran coa lei e expulsen definitivamente cesen do seu cargo ao concelleiro tránsfuga”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.