O auditorio do Centro Cultural de Muros inaugura a temporada de outono-inverno con cinema, teatro, danza e maxia

01 Outubro 2025

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros inaugura esta fin de semana a súa programación de outono-inverno coa estrea de El cautivo, a nova película de Alejandro Amenábar, e presenta “unha ampla oferta cultural que se prolongará ata finais de decembro”, segundo fixo saber o Concello. Haberá teatro, danza, maxia e cinema. A axenda será diversa e para todo tipo de públicos.

En outubro, o auditorio acollerá propostas como Os contos do lobicán de Redrum Teatro (sábado 11, ás 18:00 h), pensado para público familiar, ou Un deus salvaxe, a recoñecida peza de Talía Teatro (sábado 25, ás 20:30 h), destinada a público adulto. O mes pecharase con danza: OD(I)OSA, da compañía Morriña Dance Project (domingo 26, ás 18:00 h) dentro do programa da Deputación da Coruña, Outono das artes.

En novembro, a programación inclúe títulos como Coa cabeza nas nubes, de SÖA Cía (sábado 1, ás 18:00 h), Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro (sábado 15, ás 20:30 h) ou Sol Fuerza, de aAntena (sábado 29, ás 20:30 h). Xa en decembro, a maxia será protagonista con Un show incríbel, de Cayetano Lledó (sábado 27, ás 18:00 h).

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca que “dende a área de cultura do Concello de Muros seguimos apostando por unha programación estábel, diversa e de calidade, que achegue ao noso auditorio teatro, danza, cine e maxia pensados tanto para público adulto como familiar. Queremos que o auditorio sexa un espazo vivo que fomente a participación cultural, cunha oferta continuada que garanta actividade todos os fins de semana”.

As entradas para os espectáculos do mes de outubro xa están dispoñíbeis a través da billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.