Chega a Rianxo a proba deportiva Gladiator Kids (Gladiator Race). O vindeiro 18 de outubro, a partir das 16:30 horas, os máis pequenos e pequenas vivirán unha carreira chea de deporte, diversión e solidariedade no municipio rianxeiro. O prezo da inscrición é de seis euros. As distancias a percorrer serán de 500 metros (para crianzas de 3 a 5 anos) e de 900 metros (de 6 a 12 anos). As inscricións poden facerse a través da web de Gladiator Race.
Gladiator Kids é a modalidade para a rapazada da proba deportiva Gladiator Race. “Na Gladiator Kids as nenas e nenos poderán gozar dun percorrido de obstáculos adaptado á súa idade para que poidan pasar un intre divertido, acompañados dos seus pais ou familiares”, sinalan dende a organización.
Todos os participantes recibirán un premio.
Trátase dunha actividade solidaria con ASANOG, a asociación de nenos e familias afectados polo cancro.




