Domingo 19, unha fronte activa deixará chuvias intensas e descenso das temperaturas

18 Outubro 2025

O paso dunha fronte activa marcará a xornada do domingo 19, con ceos moi nubrados e chuvias persistentes e xeneralizadas, que poderán ser localmente fortes nna comarca e no oeste da comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán de maneira notable, especialmente nas provincias atlánticas(18 a 20 graos).

O vento soprará do suroeste con intensidade moderada, con rachas fortes no litoral e en zonas elevadas, sobre todo durante a mañá, o que poderá incrementar a sensación térmica de frío.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.