Aprobado no pleno de Ribeira destinar máis de 400.000 euros do POS Adicional para o financiamento de gasto corrente

28 Outubro 2025

A Corporación municipal de Ribeira celebrou na tarde do luns 27 o pleno ordinario correspondente co mes de outubro. Na orde do día figuraba a aprobación na participación do Plan de Obras e Servizos Adicional da Deputación da Coruña. A proposta de Alcaldía consistía en destinar os 421.181,73
euros da achega para financiar gasto corrente, principalmente, alumeado público, por un importe de 350.000 euros, e o restante “para limpeza viaria”, segundo expuxo a alcaldesa, María Sampedro. Unha cuestión que saíu adiante con 13 votos favorábeis correspondentes a PP e PBBI, ademais das 8 abstencións do BNG, PSdeG-PSOE e non adscritos.

Outro dos puntos a tratar foi a moción presentada polo grupo non adscrito, BNG e PSdeG-PSOE sobre a integración da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) no Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e que se votou por puntos. Foron aprobados por unanimidade os acordos sobre a solicitude “da transferencia da UCA ao SERGAS evitando o desmantelamento da mesma” e o apoio á continuidade “dos proxectos formativos e terapéuticos postos en marcha polo Goberno local, tendo en conta a finalidade da UCA.” Doutra banda, denegouse o acordo no que se insta ao Goberno local e á Xunta “a finalizar a restauración do edificio e, especialmente, a rematar e usar de forma correcta a sala de gravacións” ao contar só con 8 votos a favor (BNG, PSdeG-PSOE e BNG) e 13 en contra (PP e PBBI).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.