A Pobra solicitará unha axuda á Deputación para enxalzar a súa enogastronomía e patrimonio natural, cultural e histórico

30 Outubro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal anunciou que vai solicita á Deputación da Coruña unha subvención para celebrar as xornadas A Pobra do Caramiñal: vive a experiencia. Así se acordou no pleno extraordinario deste 30 de outubro, no que o asunto saíu adiante co voto favorábel de toda a Corporación municipal.

Como explicou a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, o programa levarase a cabo en dúas xornadas con distintas actividades coas que se buscará implicar á poboación local, “facéndoa partícipe desta experiencia e promovendo que comparta cos visitantes a riqueza da nosa contorna e o sentir do noso pobo”. O obxectivo será “resaltar a importancia do turismo como motor económico e como sector clave para o desenvolvemento sostíbel do noso municipio”, incidiu a edil.

Para a realización do programa, o Concello pedirá unha axuda ao ente provincial de preto de 13.413.72 euros. A intención é celebrar A Pobra do Caramiñal: vive a experiencia no 2026 e en dúas xornadas (sábado e domingo). Como explica a concelleira, o programa abranguería todas as actividades que a Concellería de Turismo pon en marcha anualmente para enxalzar os recursos naturais, culturais, patrimoniais e enogastronómicos da Pobra e que buscan que as persoas visitantes gocen dunha experiencia o máis completa posible.

As distintas actividades estarán divididas en función dos catro eixes temáticos (enogastronomía, posta en valor do patrimonio natural, patrimonio cultural e patrimonio histórico), ofrecendo alternativas para todos os gustos e idades. A oferta incluirá catas de viños, mostras de cociña, visitas ás bateas da ría, charlas con expertos en xeografía e patrimonio, viaxes en veleiro, actuacións musicais, visitas teatralizadas, etc. Como parte da iniciativa, prevese a gravación dun vídeo que se empregará para a realización de campañas de difusión e promoción dos atractivos turísticos do concello.

Outros puntos

Na sesión extraordinaria saíron adiante tamén a proposta para destinar 178.932,22 euros da primeira fase do POS+Adicional da Deputación da Coruña a gasto corrente. Así mesmo, recibiu luz verde a modificación da Relación de Postos de Traballo para incorporar unha nova praza de técnico de administración xeral. O pleno serviu para aprobar, ademais, un crédito extraordinario e un suplemento de crédito e recibiu luz verde tamén un recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago dunha factura. Na sesión saíu adiante tamén a nova política de seguridade da información por unanimidade.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...