A Oficina de Turismo de Ribeira rexistrou foi visitada este verán por case 2.500 turistas

01 Outubro 2025

O concelleiro de Turismo de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta presentou os datos estadísticos da Oficina de Turismo situada no porto de Santa Uxía. As datas de recollida dos datos abranguen desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro do 2025. Tras observar os datos recollidos durante os meses de
xuño, xullo, agosto e setembro do ano 2025, extráese que o número total de consultas foi de 613 consultas (77 consultas en xuño, 214 consultas en xullo, 287 consultas en agosto e 35 consultas en setembro). Ademais, visitaron fisicamente a oficina un total de 2.476 turistas (188 en xuño, 642 en xullo, 847 en agosto, 79 en setembro). O mes con máis visitantes volveu a ser agosto, principalmente por mor das Festas de Verán, sendo estas celebracións unha consulta moi recorrente. Ademais, este ano incrementouse de xeito notábel o número de visitantes de fóra de Galicia, así como de fóra de España.

Con relación á procedencia dos visitantes, a gran maioría procede doutras comunidades, segue a comunidade galega e por último os visitantes
estranxeiros. De nacionais de fóra de Galicia o máximo número de visitantes foron de Madrid, seguidos por Euskadi e Castela e León. Respecto a estas comunidades, e menos da metade de visitantes veñen de Cataluña, Aragón e Andalucía.

As persoas internacionais seguen sendo unha minoría, máis si se compara con anos anteriores hai un incremento notábel de visitantes de fóra de España respecto do ano anterior. A maioría proceden de Francia, Alemania, Bélxica,Portugal e Paises Baixos. Mostran interese polas actividades de turismo e do resto da programación do Concello.

No que atinxe á comunidade galega, a maioría de visitantes procede da provincia da Coruña, seguido de Pontevedra e Ourense que se igualan e por último Lugo.

Quitando xuño, o resto dos meses, ao igual que o ano anterior, os turistas deciden quedarse entre 3 e 7 días para desfrutar da cidade e dos seus arredores,seguido de de 8-15 días, “o que demostra que Ribeira atrae como destino e non como parada”, sinalou o concelleiro.

Respecto ao tipo de aloxamento, se ben en xuño rexistrouse un importante número de visitantes estaban de paso, en xullo, agosto e setembro aloxáronse maioritariamente en vivendas de alugueiro e vivendas turísticas. Este ano, o principal aloxamento dos visitantes foi este tipo de aloxamento, que volve aumentar en proporción respecto do ano pasado (presuponse dende o Concello que a razón principal é a non regularización deste tipo de vivendas máis alá do Decreto 12/2017 que facilita a tramitación burocrática para establecer as vivendas persoais como vivendas de uso turístico, xunto co aumento de prezos neste sector).

Os principais motivos de consulta son, en primeiro lugar, recibir información sobre todo o que ofrece Ribeira (festas, actividades culturais, deportivas e
turísticas) o que “demostra que este tipo de programación atrae un turismo con maior capacidade adquisitiva”, sinalou o edil, engadindo que “en menor medida a demanda de información versa sobre os concellos próximos e, en xeral, sobre a zona da costa Atlántica”, aínda que móstrase un interese especial pola illa de Sálvora.

Ademais, volvéronse ter queixas acerca da falta de horarios e de claridade, transparencia e frecuencia do servizo de autobuses (Monbus) tendo que
exercer de intermediarias a equipa técnica da Oficina de Turismo, sen ser esa a súa función, derivados os problemas, explicaron, “do desleixo por parte da empresa encargada de prestar o servizo”.

Destacaron ademais que a Oficina de Turismo recibiu numerosas visitas e chamadas de persoas residentes en Ribeira, tanto para obter información
acerca das actividades realizadas por esta Concellería, como para obter información turística de outros servizos do concello. “Isto débese á estratexia de posta en valor de lugares de Ribeira, que ata o de agora, a veciñanza descoñecía”.

Suárez-Puerta concluíu sinalando que “a vivenda turística está en auxe o cal pode carrexar un problema, xa que hai unha gran maioría que non está regulada, tamén manifestou que “a capacidade adquisitiva dos nosos visitantes vai en aumento” e que “os visitantes mostran interese por coñecer en primeiro lugar Ribeira, a súa cultura,a súa gastronomía e as festas”.

Tendo en conta os datos de visitas físicas á Oficina de Turismo de Ribeira (Malecón), prodúcese un aumento significativo de visitantes ao longo do verán, chegando a máis de 2.400 persoas. As festas e a programación de actividades ofrecidas polo Concello de Ribeira crean atracción de visitantes tanto desde España como doutros países, que se aloxan durante varios días en Ribeira, convertendoa nun destino vacacional e non apenas en unha parada de camiño.

Para finalizar, o edil indicou que o transporte urbano segue sendo un problema un ano máis xerando unha imaxe negativa de Ribeira, “os problemas
de mobilidade afectan tanto ao turismo como á vida cotiá da veciñanza o que repercute na confianza e no gasto do visitante en Ribeira”, rematou.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.