A II Mostra de Teatro do Son leva ao público local, este sábado, a peza “Golpes” protagonizada por Estíbaliz Veiga

22 Outubro 2025

Proseguen este 25 de outubro as representacións da II Mostra de Teatro de Porto do Son. Este sábado será a quenda de Golpes, de Xosé Leis e producida por Bernardino Martínez, protagonizada por Estíbaliz Veiga.

Trátase dunha peza producida por aAntena que visibiliza a escaleira de violencia que se pode crear a partir dunha relación desigual, representando a Pamela, unha muller que sobrevive ás violencias machistas e que conta a súa historia. Faino dun xeito directo, sen retoques, para facer reflexionar ao alumnado sobre a realidade vivida na súa pel e na de moitas.

Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia). Golpes é un espectáculo directo, próximo, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía.

Desde a compañía aAntena preténdese con este espectáculo sementar esa visión dun “mundo mellor posíbel”, á vez que busca co seu traballo mostrar o seu compromiso de inferir na sociedade cun espectáculo directo onde se mostre dunha maneira entretida a desigualdade latente, e a dor que causa unha secuela social como é a violencia machista.

A cita será na Casa da Cultura de Porto do Son ás 21.00 horas. A entrada será de balde.

Esta obra conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade en Galicia da Xunta de Galicia.

Sinopse: Pamela é unha moza que vén de sufrir violencia machista. Pamela xa pode falar dos golpes que recibiu. Pamela namorou crendo nos postulados do amor romántico. Pamela expón como foi entrando, nese círculo , e cuestiona como en España todo segue a ser desigual para homes e mulleres. Pamela recibiu moitos golpes, pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada.

Ficha artística
Produción: Bernardino Martinez
Dirección: Xosé Leis
Actriz: Estibaliz Veiga
Música seleccionada: Estibaliz Veiga, Xosé Leis
Deseño iluminación e escenográfico: aAntena 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.