A Biblioteca da Pobra acolle a estrea do poemario Constelaciones en la piel, de Sara Dieste

09 Outubro 2025

Será mañá, venres 10 de outubro, cando teña lugar ás 20 horas a presentación do libro de poesía Constelaciones en la piel, da pobrense Sara Dieste. O lugar elixido para a estrea lírica é o auditorio da Biblioteca da Pobra do Caramiñal.

Ao encontro asistirá a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a propia autora. A concelleira de Cultura anima á cidadanía a sumarse á actividade para descubrir o traballo de Sara Dieste e para “apoiar o enorme talento local que temos no municipio”.

Indo á obra, Constelaciones en la piel é unha recompilación de poemas na que predomina a dor dunha vida cargada de decepcións e tamén de innumerábeis anécdotas. Na obra, os versos entrelázanse cunha sinxeleza que axuda a que as lectoras e os lectores se vexan identificados nas palabras de Dieste. Ao longo das páxinas, a poetisa abrangue temas universais como o amor, o autocoñecemento e a dor emocional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.