A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza contará en 2026 co maior orzamento da súa historia, con 909,9 millóns de euros

20 Outubro 2025

A Xunta incrementa un 7,33 % o investimento para mellorar infraestruturas, equipamento e atención ás 450.000 persoas da área sanitaria

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza disporá no ano 2026 do orzamento máis alto da súa historia, cun total de 909,9 millóns de euros, segundo recolle o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia. Esta cifra supón un incremento do 7,33 % respecto ao exercicio anterior e permitirá reforzar a atención sanitaria das preto de 450.000 persoas que abrangue a área.

O investimento abrangue os gastos de persoal (capítulo I), os custos de funcionamento e subministracións sanitarias (capítulo II), as prestacións farmacéuticas e ortoprotésicas (capítulo IV) e os investimentos en infraestruturas e equipamento (capítulo VI).

Maior investimento para o Hospital Clínico Universitario de Santiago

O Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) concentra a maior parte do investimento previsto, con 43,7 millóns de euros destinados á ampliación e equipamento das consultas externas, un proxecto que se prevé rematar en 2026. Ademais, reservaranse 505.000 euros para a dotación da Unidade de Reprodución Humana Asistida.

No Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, destinaranse 500.000 euros á mellora do sistema de climatización, co obxectivo de modernizar as instalacións e mellorar o confort de pacientes e profesionais.

Investimentos no Hospital da Barbanza e na Atención Primaria

O Hospital da Barbanza contará cun investimento global de 1,13 millóns de euros, que inclúe a creación do Hospital de Día Oncohematolóxico, a mellora de envolventes e a compra dun novo mamógrafo valorado en 326.700 euros.

A Atención Primaria tamén será unha das prioridades. Está prevista a construción do novo centro de saúde de Noia, cunha partida de 2,1 millóns de euros, e 600.000 euros para melloras no centro de saúde de Porto do Son.

No caso do Centro de Saúde de Conxo, destínanse 825.000 euros para ultimar as obras e o equipamento, mentres que o novo centro de saúde de Teo recibirá 600.000 euros para iniciar o proceso de construción.

Centro de Protonterapia e novas dotacións tecnolóxicas

En 2026 tamén está prevista a finalización do Centro de Protonterapia de Galicia, un proxecto pioneiro que atenderá pacientes oncolóxicos de toda Galicia, Asturias, Castela e León e o norte de Portugal. Para esta infraestrutura, a Xunta dota un crédito superior aos 13,6 millóns de euros.

O orzamento garante ademais o incremento retributivo do persoal sanitario e non sanitario, o mantemento da prestación farmacéutica e ortoprotésica, e un importante investimento en equipamento médico tanto para centros de Atención Primaria como hospitalarios.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...