A agrupación UCIN Boiro critica ao Concello pola limpeza e o impulso da reciclaxe

07 Outubro 2025

UCIN Boiro compartiu un comunicado crítico co Concello no que acusa ao Goberno local de non impulsar a reciclaxe e a debida limpeza nos diferentes núcleos do termo municipal.

“Estase amoreando o lixo, os colectores feden e o Concello incumpre de maneira flagrante a lexislación europea, estatal e galega”, sinala a agrupación, engadindo que “o lema Reciclar é aforrar converteuse nunha burla á cidadanía, porque o colector marrón para materia orgánica non existe en boa parte do municipio, a recollida selectiva é inexistente ou deficiente, moitos colectores están rotos, sen tapa, cheos de merda e sen limpar durante meses, e os cheiros e a falta de desinfección crean un auténtico problema de salubridade pública”.

A formación esixe responsabilidades políticas inmediatas e “un plan serio, con prazos e investimentos reais, para acabar coa vergoña que supón ter un servizo de lixo do século pasado”

Tamén demanda “transparencia, control público e participación veciñal”, para impedir, segundo din, “que se siga a gastar o diñeiro de todos mentres Boiro se converte nun vertedoiro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.