Porto do Son camiñará este 19 de outubro en apoio coa AECC

18 Outubro 2025

Este domingo 19 de outubro Porto do Son achegará un extra de solidariedade. Farao cunha nova edición da Andaina Solidaria contra Cancro de Porto do Son, dirixida a recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e para seguir investigando na enfermidade. A camiñada celebrarase o vindeiro 19 de outubro, con saída ás 11.00 horas dende o paseo marítimo. O percorrido será o seguinte: Igrexa – Faro Cabeiro – Paseo marítimo.

O custe será de 5 euros para persoas adultas e de 3 euros para nenas e nenos de até 12 anos de idade. As inscricións deberán facerse en liña. Por certo que quen non poida asistir, tamén pode colaborar co Dorsal Solidario dispoñíbel na Rede.

Na edición do ano pasado, a cuarta, participaron máis de 300 persoas, incluído o alcalde, Luis Oujo, e máis a conselleira de Política Social, Fabiola García, aos que se sumaron (tamén) as e os integrantes da comunidade Amicos, entidade inclusiva do Barbanza.

Como dixemos, a recadación destinarase integramente á AECC para reforzar o seu traballo de investigación e divulgación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.