Xoves 4, unha nova fronte deixará chuvias durante a mañá

03 Setembro 2025

A comarca rexistrou este mércores as máximas choivas do pais con 30 l/m2 na estación de Rois. Mañá Galicia recibirá este xoves 4, Santa Rosalía e San Bonifacio, a visita dunha nova fronte atlántica, que cruzará o territorio da costa o interior nas primeiras horas da xornada. O paso deste sistema provocará ceos parcialmente cubertos e precipitacións que se desprazarán con rapidez desde o litoral coruñés cara ao interior da Comunidade.

A medida que avance o día, a situación mellorará e quedará unha tarde de alternancia de nubes e claros, con algún chuvasco illado e ocasional, xa de pouca importancia.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos(20-24 graos). O vento soprará frouxo, de compoñente oeste.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.