Venres 5, xornada marcada pola estabilidade e o sol

04 Setembro 2025

Galicia quedará este venres 5 baixo a influencia do anticiclón, o que favorecerá unha situación de tempo seco e estable.

Agárdanse nubes baixas e bancos de néboa nas primeiras horas do día en zonas de interior, que irán desaparecendo co avance da mañá para dar paso a ceos despexados, con presenza puntual de nubes altas.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán de xeito moderado (26-27 graos). Os ventos serán en xeral frouxos de compoñente nordés, aínda que tenderán a rolar a suroeste cara ao final da xornada.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.