Un cento de persoas participa na vixésima edición do Día da Bicicleta en Rois

13 Setembro 2025

O Concello de Rois celebrou esta mañá a vixésima edición do Día da Bicicleta, unha cita xa consolidada no calendario deportivo e familiar do municipio, que reuniu a arredor de cen persoas de entre 2 e 82 anos.

O participante máis veterano foi o dodrense José Ramón Vigo Ferradas, de 82 anos, quen asegurou antes da saída que acostuma saír en bicicleta dúas ou tres veces por semana, percorrendo uns 30 quilómetros. O máis novo foi Anxo Alonso Tubío, de tan só dous anos, que completou o percorrido nunha cadeira adaptada na bicicleta do seu pai.

A comitiva partiu do polideportivo municipal, onde o Club Ciclista Padronés-Cortizo organizou unha xincana para os máis pequenos. O itinerario de 12 quilómetros levou aos ciclistas por Oín, A Peruca, Lamego, A Meana, Seaxe e O Casal, con parada no punto de avituallamento da praza fluvial de Seira. Desde alí retomaron o camiño por Seira, Oín e Antequeira ata regresar ao polideportivo.

O evento contou coa participación de numerosas familias ao completo e dunha ampla representación da asociación compostelá Aspas.

Para pechar a xornada, celebrouse un sorteo de agasallos entre todas as persoas participantes, grazas á colaboración de AdeMario, o Club Ciclista Padronés-Cortizo e o restaurante Pedra Santa. O premio principal, unha bicicleta de montaña, foi para Carlos Miramontes, mentres que a cea para dúas persoas no Pedra Santa recaeu en Lourenzo Somoza.

A entrega de premios estivo a cargo dos concelleiros de Rois José Luis Ares e Antonio Esparís.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.