Tripulantes do narcosubmarino da Pobra fixéronse pasar por peregrinos para fuxir tras a descarga de 3,6 toneladas de cocaína

30 Setembro 2025

A Policía dá por desmantelada a organización desarticulada na Pobra do Caramiñal que tentou introducir en Galicia un alixo de 3.650 quilos de cocaína. En total foron arrestadas 14 persoas, entre eles os tres tripulantes do semisomerxibles aos que localizaron en terra disfrazados de peregrinos. Doce dos arrestados están xa na cadea.

TVG

Nunha comparecencia ante os medios, o comisario xefe da Udyco Central, Antonio Duarte, salientou a capacidade das forzas de seguridade de coller en terra tanto os responsables do transporte da droga coma os propios alixos, interceptados en dous momentos diferentes da mesma semana.

Segundo explicou, a organización quedou “sen capacidade” para volver actuar en Galicia.

A operación, bautizada como Saona, é das máis importantes efectuadas nos últimos anos, non só pola cantidade de droga comisada: 3.650 quilos de cocaína, senón tamén pola pureza da mesma e pola maneira na que as diferentes administracións actuaron para desarticular esta banda. 

O xefe superior da Policía en Galicia destacaba que, tras este operativo, a organización quedou “desmantelada” en Galicia.

“Galicia non será nunca o refuxio do narcotráfico”

Trátase da primeira investigación policial en que se consegue a detención dos tripulantes que chegaran ás costas a bordo do narcosubmarino que transportaba a droga. 

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, agradeceu o labor dos corpos de seguridade para facer fronte a estas mafias e avisa: “Galicia non é a día de hoxe nin será nunca o refuxio do narcotráfico”.

Ocultaban a súa actividade tras negocios relacionados coa reparación e venda de equipos náuticos 

A organización criminal, dedicada ao transporte de cocaína a grande escala, constituíra varios negocios relacionados coa reparación e venda de equipos náuticos co obxectivo de ocultar a actividade ilícita que estaban a realizar.

A investigación iniciouse o pasado mes de agostocando detectaron unha posible organización criminal dedicada ao transporte de cocaína a grande escala asentada na localidade coruñesa de Outes.
 
Posteriormente identificaron embarcacións con gran capacidade de carga e motores de gran potencia que lles permitía actuar con axilidade e alta velocidade. 

O pasado día 13, detectouse como partían as lanchas do porto do Freixo, polo que se estableceu un dispositivo terrestre de vixilancia e control ao longo da costa da Arousa norte para a localización e interceptación dos vehículos nos que a droga podería ser transportada tras o seu alixo nas praias. 

Esa mesma madrugada, e procedentes da praia de Niñeiriños, observaron como cargaban varios fardos utilizados habitualmente para o almacenamento de cocaína comezándose a persecución dos mesmos. 

Os tres tripulantes do semisomerxible simularon ser peregrinos para tratar de burlar os axentes, fuxindo a bordo dun taxi coas roupas empapadas ata que foron localizados e detidos pola Policía Local da devandita localidade. 

O segundo alixo de droga foi localizado á madrugada do día seguinte pola Policía Local da Pobra do Caramiñal, oculta baixo unha lona na praia de Niñeiriños. 

Finalmente, e unha vez identificados todos os membros desta trama criminal, realizáronse 18 rexistros nas comarcas de Barbanza e O Salnés onde se interviñeron 54.680 euros, dúas embarcacións, cinco vehículos e un remolque, 33 teléfonos, equipos de transmisións, dispositivos de almacenamento de información e diversa documentación.

A operación culminou coa detención de 14 persoas, entre eles os tres tripulantes do submarino, os cales pasaron ao dispor da autoridade xudicial como presuntos responsables dun delito de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal. 

O xulgado decretou o ingreso en prisión de 12 deles. Os outros dous quedaron en liberdade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...