Sir David Chipperfield ingresa na Real Academia Galega de Ciencias como académico correspondente

17 Setembro 2025

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou hoxe no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso do arquitecto británico Sir David A. Chipperfield (Londres, 1953) como académico correspondente da sección de Ciencias Técnicas. O novo membro pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado “Common Ground” (“Territorio común”), mentres que a laudatio correu a cargo do académico Pedro Merino, catedrático emérito de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da Universidade de Vigo.

O acto estivo presidido por Juan Lema, presidente da RAGC, e contou coa presenza de numerosas autoridades académicas, políticas, empresariais e culturais, entre elas o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas; e representantes das tres universidades galegas, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da Fundación RIA, entre outras entidades.

“Un compromiso co futuro de Galicia”

Na súa intervención, Juan Lema salientou que a incorporación de Chipperfield “enriquece a Academia e reforza a súa misión de unir ciencia, cultura e sociedade en beneficio do pobo galego”. Destacou tamén a súa relación duradeira con Galicia, materializada a través da Fundación RIA, que considerou “un exemplo do seu compromiso co futuro da nosa terra”.

Segundo o presidente da RAGC, Chipperfield non só é un dos arquitectos máis influentes a nivel internacional, senón tamén “un pensador, urbanista e cidadán comprometido cos retos sociais e ambientais, cuxa voz tamén fala por Galicia”.

Chipperfield chama á acción científica en favor do territorio

No seu discurso, o novo académico lembrou os 35 anos que leva vencellado a Galicia e explicou que, desde hai oito anos, decidiu implicarse activamente na reflexión sobre os factores que deterioraron as cidades, vilas e aldeas galegas.

Apelou á comunidade científica a implicarse en iniciativas locais de protección e revitalización do territorio, ofrecendo apoio técnico, xurídico e científico. “Queremos incentivar a creación de entidades facilitadoras que dean soporte ás iniciativas locais, como fai modestamente a Fundación RIA”, indicou.

Chipperfield subliñou que Galicia posúe condicións favorables para avanzar cara a unha maior sustentabilidade, como a ausencia de grandes centros metropolitanos, a forte presenza de terras forestais, un sistema alimentario produtivo de pequena escala e unha comunidade comprometida coa súa contorna natural.

“Esta comunidade pode dar exemplo ao mundo sobre a importancia de protexer o noso entorno, porque a natureza constitúe a base da nosa calidade de vida e da seguridade das xeracións futuras: o noso terreo común”, afirmou.

“Galicia, o seu segundo fogar”

Na laudatio, o académico Pedro Merino destacou a calidade e consistencia da obra arquitectónica de Chipperfield, con máis de cen proxectos desenvolvidos ao longo de catro décadas, caracterizados pola austeridade, o coidado dos materiais e a vontade de crear espazos prácticos e duradeiros.

Merino puxo en valor a súa aposta por un urbanismo sustentable, no que “o crecemento e o consumo dean paso á calidade de vida como eixes da actividade arquitectónica”.

Finalmente, incidiu na “profunda conexión e compromiso” de Chipperfield con Galicia, “un territorio que considera o seu segundo fogar” e ao que achega coñecemento e sensibilidade para preservar a paisaxe, a agricultura, a ecoloxía e as tradicións nun contexto de retos globais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.