Portos de Galicia anuncia novas instalacións náuticas e melloras no porto de Rianxo

30 Setembro 2025

A Xunta anuncia novos investimentos e concesións para potenciar a actividade náutica e pesqueira en Rianxo

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe o porto de Rianxo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, para analizar as necesidades desta infraestrutura e manter encontros con representantes do sector náutico e pesqueiro.

Durante a xornada, Villaverde destacou o potencial da náutica de lecer como motor económico das vilas costeiras e confirmou que Portos de Galicia está a tramitar unha concesión ao Club Náutico de Rianxo para construír e explotar novas instalacións náutico-recreativas cun investimento estimado de 1,7 millóns de euros por parte da entidade. A conselleira informou de que xa se recibiu o informe favorable do Ministerio para a Transición Ecolóxica, o que permitirá avanzar na tramitación.

Así mesmo, visitou as melloras executadas no porto, entre elas a instalación de novas luminarias LED, cun investimento de 270.000 euros, e a renovación do firme da explanada diante da lonxa, cun orzamento de 73.000 euros, obras que se atopan a piques de finalizar.

A titular de Mar tamén mantivo unha reunión coa Confraría de Pescadores de Rianxo, enmarcada na rolda de visitas que está a realizar a todos os pósitos galegos para coñecer de primeira man as súas demandas e traballar en medidas que melloren a competitividade e sustentabilidade da actividade pesqueira.

Por outra banda, Villaverde anunciou a concesión ao Club de Piragüismo de Rianxo para a ocupación do edificio de deportes náuticos, cunha bonificación do 90% das taxas portuarias pola súa actividade formativa. Ademais, Portos de Galicia tramita outra concesión ao Club de Remo para o uso dun almacén e área de adestramento, tamén susceptible de beneficiarse da mesma redución.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.