“Pasos cara adiante para a frota atuneira europea” – Antón Luaces

10 Setembro 2025

A frota atuneira europea  integrada en Europêche valora positivamente os acordos acadados na 103ª reunión anual da Comisión Interamericana do Atún Tropical (CIAT) celebrada en Panamá. A frota celebra especialmente a redución da veda anual para a frota cerqueira conxeladora , que pasa de 72 a 64 dias. Un reflexo do “bo estado das poboacións de atún barrilete, aleta amarela e patudo no océano Pacifico oriental”. Desde Europêche salientan,  amáis, que se trata da primeira redución que se leva a cabo dende 2009, feito que subliña a eficacia do sistema de xestión da capacidade e esforzo da CIAT, que logrou equilibrar a conservación coas necesidades de pesca responsable”.

Esta sesión de Panamá reflicte anos de esforzo dos pescadores para manter as poboacións de atún en condicións ótimas  e poder ter unha forma de vida sostible no tempo, tal e como manifestou Julio Moròn, director xeral da española OPAGAC/AGAC. 

Segundo Europêche os compromisos adquiridos polo sector para continuar aportando fondos a diversos programas mediante unha taxa por metro cúbico, da aspectos positivos do encontro. Este inclúe un incremento do mostreo ou portos, unha nova iniciativa de marcaxe amáis da xa existente, e unha cobertura do 100% dos observadores no mar co Acordo para a Protección e Conservación de Golfiños. Estas medidas garanten, segundo a frota europea “unha sólida recompilación de datos e avaliacións de poboacións”.

 Outra nova medida amparada pola frota facilitará que os buques rastrexen os seus FAD (dispositivos coñecedores de peixes) e presenten riscos de varamentos nas illas do Pacífico. E outro “logro histórico” foi a creación da denominada “Alianza Internacional para a Recuperación 

de DCF no OPO”, asinada por catro grandes asociacións atuneiras: AJA, AGAC (española), ATUNEC e FRPESCA. Esta iniciativa conta co apoio da frota de cerco certificada por MSC, que financiará proxectos de recuperación de FAD e prevención de varamentos.  

Nos aspectos negativos cómpre rexistrar un novo intento fallido da UE de incrementar a cobertura de observadores e a forte oposición á politica de aletas adheridas  da Unión Europea.  

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.