Padrón consolida o programa de estimulación cognitiva de AGADEA Alzhéimer na Casa dos Capeláns

24 Setembro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Servizos Sociais, Marió Saco, visitaron este luns 22 setembro o centro de estimulación cognitiva que acolle a Casa dos Capeláns, en Iria Flavia. Alí destacaron que desde a súa inauguración en decembro de 2025, o programa de estimulación cognitiva que ofrece AGADEA Alzhéimer en Padrón “segue consolidándose como un recurso de referencia na atención a persoas con deterioro cognitivo ou diagnóstico de demencia”.

Lembraron tamén que esta iniciativa naceu da colaboración entre o Concello e a asociación para dar resposta á crecente demanda da veciñanza, que requiría atención especializada para mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias e ofrecer apoio ás súas familias.

A Casa dos Capeláns ten xa, por tanto, un uso social útil e regular, albergando esta iniciativa que redunda en beneficio tanto dos nosos maiores como das súas familias.

A concelleira de Servizos Sociais, Mariló Saco, confirmou o alto grao de satisfacción tanto das persoas usuarias como do Goberno municipal: “A xente está moi contenta e cremos que estamos a cumprir co obxectivo que nos marcamos coa súa posta en marcha. Sabiamos que era un recurso moi necesario nun concello como o noso, cunha poboación envellecida que precisa coidados, así como para as familias que tamén necesitan un tempo de respiro para conciliar coa súa rutina profesional e persoal”.

Esta iniciativa desenvólvese na Casa dos Capeláns, en Iria Flavia e foi posíbel grazas á colaboración do Concello de Padrón, “tanto desde a alcaldía como desde os Servizos Sociais, que decidiron dedicar un espazo adecuado, deseñado especificamente para favorecer actividades que promoven a estimulación cognitiva e o benestar emocional dos participantes”, indica Lucía Fandiño, coordinadora do servizo que ofrece AGADEA Alzhéimer.

Actualmente, o programa atende a un grupo de nove persoas con deterioro cognitivo leve ou diagnóstico de demencia, contando cun equipo formado por unha educadora social e unha xerocultora que ofrecen atención diaria personalizada. Ademais, recibe o respaldo dunha neuropsicóloga e dunha traballadora social, encargadas das valoracións de ingreso e do seguimento continuo dos usuarios e das súas familias.

“O perfil dos usuarios permite que continúen activos na súa vida diaria sen requirir atención en centros de día, e podemos traballar cun máximo de doce persoas con características similares”, engadiu Lucía Fandiño.

Entre as actividades que se realizan destacan exercicios de orientación temporal-espacial, tarefas cognitivas individuais e grupais, xerontoximnasia e ocio recreativo. O programa tamén fomenta a integración coa comunidade mediante actividades interxeracionais coa escola infantil de Padrón e visitas culturais, como ao Museo de Camilo José Cela ou ao Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas.

Mariló Saco engadiu que “esta iniciativa é un exemplo do compromiso do Goberno municipal por mellorar a calidade de vida da veciñanza, adaptando recursos ás necesidades reais do concello e apoiando ás familias en situacións complexas”. A concelleira apuntou que “se trata dun primeiro paso; seguimos a traballar para ampliar a atención e mellorar as condicións, garantindo que cada iniciativa do Concello siga centrada nas persoas e no benestar da comunidade”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.