Os socios do proxecto europeo Muse MusicArTherapy reúnense na sede Amicos en Boiro

25 Setembro 2025

Os días 23 e 24 de setembro o Centro de Atención Integral de Amicos acolleu a primeira reunión do proxecto europeo Muse MusicArTherapy, unha iniciativa colaborativa que busca incorporar a música á labor dos e das coidadoras que atenden ás persoas con necesidades de apoio. Nela participaron profesionais de Amicos, como entidade coordinadora, e equipo dos socios italianos Università Popolare di MusicArTerapia nella Globalità dei Linguagi (Roma) e a Cooperativa Umanista Mazra (Nápoles).

O punto central do encontro foron dúas sesións formativas sobre Introdución teórica e práctica á disciplina Globalità dei Linguaggi impartidas por Stefania Guerra Lisi, creadora da metodoloxía na que se apoia este proxecto colaborativo, unha concepción que defende uns apoios profesionais que entendan ao ser humano como unha consciencia presente en tódalas etapas vitais e interconectada, en comunidade. Así, promove a inclusión apoiada na prevención, educación, rehabilitación e actividades terapéuticas.

Neste senso, Stefania Guerra destacou que “este proxecto trata do dereito á integración partindo do principio de que a sociedade non está completa se non se acepta a diversidade de todos, dende a concepción ata as fases terminais do ser humano, polo que abraza tódolos coidados da vida. Falamos da memoria do inconsciente, das vivencias sobre a pel, doutras formas de comunicación”.

Durante a segunda xornada, os profesionais de Muse realizaron distintas dinámicas coas persoas con discapacidade intelectual que asisten a Amicos. Nelas traballouse a comunicación a través dos cinco sentidos, en especial de oído, tacto e vista.

“Decidimos incorporar directamente á mocidade nas prácticas metodolóxicas” – afirmou Stefania – “e vin canto se ten traballado nunha relación de afecto entre persoas coidadoras e usuarias, algo que felicito porque é un nivel que nos gustaría alcanzar en Italia. Canto máis integradas están as persoas coa sociedade, o territorio, as iniciativas culturais… máis vivirán o dereito a ser como son. Marabilloume como en Amicos lograron establecer un contexto coas familias, que dá unha posibilidade de contención á mocidade con varias patoloxías que asistimos estes días”.

Unha parte das xornadas tamén estivo dedicada a comprobar o avance das formacións, así como cuestións técnicas da iniciativa. A través de distintas accións, o proxecto ten como obxectivo mellorar as habilidades de comunicación dos profesionais dedicados á atención a persoas con necesidades de apoio, ao potenciar a empregabilidade de coidadores e coidadoras mediante formacións integrais que lles permitan adquirir as competencias básicas para a relación de coidado pedagóxico-terapéutico.

Muse encadrase no marco do programa Erasmus+, a través do SEPIE. Está coordinado por Amicos e conta coa colaboración de Università Popolare di MusicArTerapia nella Globalità dei Linguagi – Metodo Stefania Guerra Lisi dal 1970 e a Cooperativa Umanista Mazra.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.