Os servizos de emerxencia combaten un incendio nun pesqueiro atracado no Porto de Ribeira. Ampliación

01 Setembro 2025

Un virulento incendio declarouse arredor das 17.45 horas deste luns 1 de setembro nun buque atracado no porto de Ribeira. A embarcación afectada é o Awadi, con bandeira de Mauritania, 50 metros de eslora e 780 toneladas de rexistro bruto. O seu porto base atópase en Nouadhibou, no norte do país africano.

Na tarde deste luns, diversos equipos de emerxencia mobilizáronse para facer fronte a un incendio declarado no interior dun pesqueiro atracado no Porto de Ribeira.

Segundo a información facilitada, o lume tivo a súa orixe na sala de máquinas mentres se realizaban tarefas de reparación. Non se rexistraron persoas feridas, polo que os esforzos concéntranse exclusivamente na extinción do incendio e na protección da contorna portuaria.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 16:45 horas a través da chamada dun particular que alertou da presenza de fume e lapas na embarcación. A partir de aí activouse un amplo dispositivo no que participan os Bombeiros de Ribeira e Boiro, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Portos de Galicia, o GAEM de Ribeira, así como axentes da Garda Civil, da Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Os equipos continúan despregados e traballan para sufocar o lume e garantir a seguridade na zona portuaria.

Segundo as primeiras informacións, o barco estaba a ser reparado co obxectivo de retomar a súa actividade de pesca de arrastre na costa africana. Os traballos realizábanse esta tarde na sala de máquinas, lugar no que se iniciou o lume.

No punto mobilizouse un amplo operativo de emerxencias formado polos bombeiros, o GAEM de Ribeira, efectivos da Policía Nacional e Local, persoal de Salvamento Marítimo, Gardacostas e profesionais de Portos de Galicia.

O arrastreiro levaba amarrado no porto de Ribeira desde o mes de abril, segundo o seu sistema de xeolocalización. O buque foi construído en 1980 no estaleiro noruegués Storviks Mekaniske Verksted baixo o nome de Anny Kraemer.

Fotos Manuel Dominguez

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.