O veleiro “Laion” navega pola ría de Camariñas levando a bordo tripulacións de ADISBISMUR e AMBAR, entre outras entidades

08 Setembro 2025

O veleiro Laion, embarcación cedida en garda e custodia á asociación muradá ADISBISMUR (entidade membro de COGAMI), volve izar velas para ofrecer a experiencia da navegación a vela a persoas con discapacidade. Nesta nova edición do proxecto Galicia Vela Adaptada (GAVEA), un total de 83 persoas poderán participar nas travesías programadas na ría de Camariñas entre o 9 e o 19 de setembro.

Segundo informou COGAMI o proxecto foi iniciado no ano 2002 trala cesión do veleiro incautado ao narcotráfico, e conta con adaptacións específicas que facilitan o acceso e a participación de persoas con mobilidade reducida. Entre elas destacan un guindastre na botavara para embarcar desde o peirao flotante e un winche eléctrico con premedor que simplifica o manexo das velas.

Con base no porto de Muxía, as travesías, sempre que o tempo o permita, desenvolveranse en quendas de mañá (11:00-14:00 h) e de tarde (16:00-19:00 h). Cada saída contará con cinco persoas participantes acompañadas por monitorado, procedentes de diferentes entidades e centros de COGAMI de toda Galicia: Lugo, Santiago, Val do Dubra, Muros, Ourense, Ribeira, Cabana de Bergantiños, Arzúa, Silleda e A Coruña.

Calendario de participación

Martes 9 de setembro: Asociación ALUCEM (Lugo), na quenda de mañá.

Mércores 10: Asociación AVANTE (Val do Dubra), na quenda de mañá.

Xoves 11:  Asociación ADISBISMUR (Muros), nas quendas de mañá e tarde.

Venres 12: Persoas usuarias do programa de autonomía de COGAMI no CEGADI de Santiago (mañá) e asociación AIXIÑA de Ourense (tarde).

Martes 16: Asociación AMBAR (Ribeira), pola mañá, e persoas usuarias do programa de COGAMI no CEGADI (tarde).

Mércores 17: Asociación ÍNTEGRO (Costa da Morte), nas quendas de mañá e tarde.

Xoves 18: Asociación AMARAI (Arzúa e Terra de Melide) na quenda de mañá.

Venres 19: Centro de atención diúrna de Medelo (Silleda), pola mañá, e asociación ALCER Coruña, na quenda de tarde.

Para poder levar a cabo esta experiencia, o proxecto GAVEA conta coa colaboración da Deputación da Coruña e tamén de fondos do 0,7% d IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social, que xestiona a Xunta. Ademais, conta coa colaboración da asociación Cataventos, a través das persoas voluntarias Noemí Bermúdez, Marcos Trillos, Carlos Fernández e Aurelio Trillo.

Outros artigos

Noia ponse en marcha contra o cancro o vindeiro 19 de setembro

O vindeiro 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.