O Polideportivo de Lousame encheuse de tangos na XVII Homenaxe a Prudencio Romo

08 Setembro 2025

A XVII Homenaxe a Prudencio Romo, organizada pola Asociación Cultural Prudencio Romo e o Concello de Lousame, foi finalmente un gran éxito de participación veciñal. A cita desenvolveuse na tarde de onte domingo no Polideportivo Municipal da Silva. Durante algo máis dunha hora, a música dos máis clásicos tangos arxentinos resoaron no polideportivo lousamiá da man dos intérpretes do Grupo Enclave, que estiveron acompañados polo alumnado da Banda de Música de Lousame e por unha parella bailaríns da escola Santango.

Tanto a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, como a presidenta da Asociación Cultural Prudencio Romo, Isabel Gómez Morales; agradeceron a asistencia dos veciños e veciñas presentes, aos que animaron a participar nas distintas actividades que organiza a asociación ao longo do ano. O repertorio estivo centrado en tangos, se ben o broche final foi un dos clásicos de Prudencio Romo, Miña Terra Galega, que arrincou a maior ovación da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.