O outono no hemisferio norte comeza este luns 22 de setembro ás 20.19 horas

20 Setembro 2025

Este luns 22 de setembro, ás 20.19 horas comezará o outono no hemisferio norte. Dita hora marca o instante no que o Sol no seu movemento aparente na bóveda celeste sobre a eclíptica está no punto Libra, pasando do hemisferio norte ao sur. “Ao igual que sucede no equinoccio de primavera, son datas estas nas que a duración do día e a noite son semellantes”, explica o coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo. Porén debido ao efecto do crepúsculo, “a  iluminación da atmosfera antes do amencer o logo do solpor, fai que teñamos máis día ca noite”, engade.

O outono é con case que 90 días a terceira estación do ano en duración e neste 2025 vai estenderse ata o 21 de decembro, día no cal ás 16.03 horas terá lugar o solsticio de inverno. Na estación que agora comeza haberá catro choivas de estrelas: as dracónidas e oriónidas de outubro, as leónidas de novembro e as xemínidas de decembro, sendo esta última a máis activa de todas elas en torno ao 17 de dito mes, que ademais este ano cadra sen Lúa.

“Nos vindeiros meses xa teremos ocasión de ver a simple vista os planetas Saturno e Xúpiter a primeiras horas da noite e, sobre o 29 de outubro, Mercurio estará en condicións ideais de ser contemplado no crepúsculo vespertino”, sinala o profesor Docobo. “Tamén será interesante de observar a conxunción dos planetas Mercurio e Venus ao amencer do 25 de novembro, día no que cara as 8 da mañá sairán xuntos”, explica.

Vaise un verán seco e caloroso 

Meteoroloxicamente falando remata un verán seco e caloroso, especialmente o mes de agosto. Tendo en conta o bimestre xullo + agosto, este ano só se mediron 29,2 litros/m2 na estación meteorolóxica do Observatorio da USC, pero aínda así esta cantidade foi superior ao mesmo período dos  seguintes anos deste século. Así, en  2002 rexistráronse 27,2 l/m2, en 2010, 25,2 l/m2; en 2016, 13,8  l/m2, e en 2022, 23,2 l/m2.

En rexistros deste século tamén aparecen longos períodos de seca, non só estivais. “Sen ir máis lonxe, xa atopamos en 2018 un intervalo que vai dende o 12 de xuño ata o 10 de outubro (4 meses), nos que só se rexistraran 93 litros/m2, pero pode que peor fora en 2016, cando dende o 17 de xuño ata o  12 de setembro (case  3 meses), a choiva medida só chegara aos 13,8 l/m2”, explica Docobo. 

Tanto no agosto deste ano coma no mesmo mes de 2003, a temperatura máxima sobrepasou os trinta graos en 14 xornadas. Porén a media das máximas de agosto de 2003 (28º9) supera en medio grao á corresponde a agosto de 2025 (28º4). “A temperatura máxima daquel agosto de hai vinte e dous anos fora de 39º7 (acadados o día 12), mentres que no agosto que acaba de rematar foi de 35º8 (día 5)”, destaca o coordinador científico do Observatorio.

A pesar da forte calor diúrna, as temperaturas mínimas non alcanzaron en agosto os vinte graos, cousa que si sucedeu naquel agosto co que estamos a comparar (20º6, tanto na noite do día 7 coma do 8). Incluso houbo anos de noites máis quentes coma aquelas do 14 e 15 de xullo de 2022, cando non se baixara dos 23º en Santiago, ou os 22º9 do día 27 de xuño de 2013.

O outono é con case que 90 días a terceira estación do ano en duración. FOTO: Santi Alvite

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.