O Concello de Muros celebrará unha xornada de portas abertas no Cámping A Vouga con motivo da vindeira saída a licitación da súa xestión

29 Setembro 2025

O Cámping A Vouga, na praia de San Francisco (Louro, Muros) vai acoller este mes de outubro unha xornada de portas abertas. O motivo é a vindeira saída a licitación da xestión das instalacións do complexo hostaleiro e de lecer en Louro, unha vez que xa caducou a actual concesión. Por este motivo, o Goberno local organiza unha xornada de portas abertas para “que todas as persoas interesadas poidan visitar o complexo e achegar as súas dúbidas e inquedanzas”. A xornada será o luns 6 de outubro ás 17:00 horas.

“O Cámping da Vouga é unha referencia na comarca, xa que leva máis de 50 anos aberto, e temos constancia do interese que hai na súa xestión, polo que antes de abrir o proceso de licitación queremos que se poida coñecer o estado das instalacións para que as propostas sexan axustadas e viábeis”, sostén a alcaldesa de Muros, María Lago.

“Coa xornada de portas abertas, as persoas interesadas poderán visitar con calma o cámping, ver en que estado está o comedor, a cociña ou a obra que habería que executar coa licitación”, explica a alcaldesa.

“Ademais, o noso obxectivo é facer un proceso aberto, que calquera persoa o empresa poida presentar unha oferta”, remata Lago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.