O Concello de Boiro inicia as obras para a mellora dos accesos e servizos á praia de Mañóns

10 Setembro 2025

O Concello de Boiro deu comezo ás obras para a mellora dos accesos e servizos á praia de Mañóns, unha actuación que ascende aos 67.387 euros e que se vai levar a cabo mediante o financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+). O alcalde, José Ramón Romero, visitou este mércores 10 de setembro o lugar para supervisar a execución das obras.

As actuacións inclúen a mellora do firme e un percorrido accesíbel e seguro á praia de Mañóns, así como canalizar as augas pluviais eliminando a canle que, na actualidade, xera problemas de seguridade viaria.

Vaise levar a cabo a renovación duns 180 metros da vía de acceso que ten un ancho de 8 metros, así como xerar dúas beiras de 5 metros de ancho a cada lado de chan compacto de area cemento para facilitar o estacionamento e accesibilidade á praia.

Para o pavimento empregarase mestura bituminosa en quente de 5cm de espesor con regos de adherencia entre capas; e para o percorrido accesible á praia executarase un sendeiro de pavimento natural nas beiras este e oeste, dun ancho medio de 5m.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.