O Concello de Boiro acada a certificación de seguridade no marco do Esquema Nacional de Seguridade

09 Setembro 2025

O Concello de Boiro acadou a certificación de seguridade de categoría básica no marco do Esquema Nacional de Seguridade ao cumprir os requisitos fundamentais de protección, unha certificación que outorga o Centro Criptográfico Nacional e coa que, segundo lembran dende o Concello, “contan moi poucos municipios da provincia”.

Esta distinción acredita ante a cidadanía, empresas e o resto de administracións o bo facer do persoal técnico municipal e, en particular, do servizo de informática que impulsou este proceso. Unha aposta do Concello de Boiro pola protección dos sistemas de información e a prevención contra a ciberdelincuencia.

Este acreditación logrouse gracias á asistencia da Deputación da Coruña. Segundo informou o Concello, “a seguridade da información é un piar básico no modelo de Administración Electrónica e a súa mellora no marco do Esquema Nacional de Seguridade é a mellor ferramenta para enfrontar o auxe da ciberdelincuencia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.