O Club de Xubilados de Lousame organiza unha andaina de Portobravo a Compostela polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia

26 Setembro 2025

O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, organiza por segundo ano consecutivo unha serie de andainas polo Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia. Unha viaxe aberta a toda a veciñanza de Lousame e da comarca que inclúe tres etapas que se desenvolverán os domingos 5, 19 e 26 de outubro.

A primeira delas terá lugar polo tramo lousamiá do Camiño: os 13 quilómetros que separan Portobravo e San Xusto de Toxosoutos. Será o vindeiro domingo 5 de outubro e as persoas participantes concentraranse ás 9:00 horas na praza do Concello, a onde os volverá traer un autobús unha vez rematada a andaina.

A segunda etapa será o 19 de outubro: 19 quilómetros entre Martelo e Bertamiráns. O punto de encontro será a praza do Concello de Lousame, ás 9:00 horas, dende onde sairá un autobús ata O Martelo, que os volverá a deixar en Lousame ao rematar a etapa.

Finalmente, o domingo 26 de outubro terá lugar a derradeira etapa entre Bertamiráns e a praza do Obradoiro, os 14 quilómetros que debe cubrir todos os peregrinos que fan a ruta marítima do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. A saída volverá a ser ás 9:00 horas do praza do Concello, con volta ao rematar a andaina.

O prezo por participar en calquera das tres etapas é de 5 euros, que se aboarán o mesmo día da andaina. As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un whatsapp ao 653 22 16 55.

Xubilados andaricas

Esta é a terceira andaina organizada polo Club de Xubilados de Lousame nos últimos anos. En 2024 organizou outras tres etapas coas que cubriron os primeiros tramos do Camiño a Santiago da Ría Muros Noia, con percorridos dende Porto do Son e dende Muros ata Noia. Iniciativas que tiveron unha media de setenta participantes. Este ano completarán esta ruta xacobea cubrindo as etapas entre Lousame e Compostela.

Ademais, a finais de 2022 e coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo, xa organizaran unha primeira andaina seguindo esta ruta xacobea. Unha andaina estruturada tamén en tres etapas e que tivo unha media de sesenta asistentes na súa primeira edición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.