
Este venres, 5 de setembro, o Edificio do Casino de Noia vai acoller a presentación do libro La tortuga de cuero (o El valor de aprender), unha obra do noiés José Manuel Cairo. Xunto co autor, estarán presentes Celia Fernández, experta na súa obra, o dinamizador Juan López, Paulo Nogueira en representación da editorial Toxosoutos e a concelleira de cultura Chelo Martínez.
A presentación estará amenizada polo grupo local Testal.
A cita será no segundo andar do Casino, a partir das 20.00 horas.
Xosé Manuel Cairo Antelo (Noia, 1945) é licenciado e doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como hematólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ten publicado poemas e relatos en diversas revistas, e participado en diversos recitais ademais de colaborar con ilustracións en diversos libros.
Poesía
Esas mans, 1990, Concello de Noia.
Impreciso xermolar dos renovos, 1999, Galinova.
Da carraxe e da paixón, 2008, Espiral Maior.
Narrativa
O espello de dúas caras (2022). Noia: Toxosoutos.




