O BNG presenta máis de 1.600 sinaturas no Parlamento galego para que a Xunta restitúa o servizo de pediatría en Carnota

17 Setembro 2025

O dirixente do BNG de Carnota e candidato á alcaldía, Primitivo Pedrosa, xunto co deputado do grupo nacionalista, Oscar Insua, e o responsábel local da formación, Nando Siaba, presentaron este mércores 17 de setembro no Parlamento galego máis de 1.600 sinaturas recollidas entre a veciñanza nos últimos meses para reclamar “que a Xunta de Galiza provea a praza de pediatría no centro de saúde do municipio de forma urxente, cun profesional médico especialista, así como a restablecer o servizo de enfermería pediátrica”.

Os nacionalistas sinalaron que “desde hai máis dun ano, os pais e nais de Carnota veñen denunciando a falla do servizo médico de pediatría no municipio, sen que a día de hoxe se cubrira dita praza pola Consellaría de Sanidade do Partido Popular”. Engaden que “estamos ante un servizo moi importante, que atendía as revisións de idade, curas e vacinas dos nenos e nenas en idade infantil”.

O BNG incidiu en que a falta de cobertura dun pediatra en Carnota “obriga aos familiares das crianzas a desprazarse ata Muros “onde agora o servizo está aínda máis abandonado polo SERGAS”.

A formación nacionalista subliñou que o Goberno galego “non tivo en conta a ausencia de pediatra en Carnota no recente concurso que o SERGAS impulsou para cubrir as chamadas prazas de difícil de cobertura en diversos municipios, condenando ao centro médico carnotá a seguir sen o servizo”.

Ademais, o BNG de Carnota lembrou que “a problemática xa foi levada ao Parlamento galego polo deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, que en abril deste ano defendeu unha iniciativa, na comisión de Sanidade, que foi rexeitada polo PP, para exixir a recuperación inmediata dos servizos de pediatría e enfermaría pediátrica no centro de saúde carnotán”.

Pola súa banda, Primitivo Pedrosa manifestou que “entregamos as sinaturas no Parlamento para que a Xunta teña en conta dunha vez por todas da demanda da veciñanza dun servizo que é esencial para o noso concello, e imos seguir apoiando aos pais e nais nesta reivindicación que ademais de xusta é necesaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.