Este sábado 20 de setembro Noia ponse as botas de camiñar contra o cancro

19 Setembro 2025

Este sábado 20 de setembro de 2025 temos unha cita solidaria en Noia coa tradicional camiñada contra o cancro: a andaina Noia en marcha contra o cancro, que ten a saída prevista ás 17.00 horas dende a Alameda e presenta un percorrido de tres quilómetros (dende a Alameda pasando polo centro histórico, o paseo marítimo e de volta á Alameda). O prezo será de 8 euros para adultos e de 5 euros para crianzas de ata 12 anos. As persoas ás que non lles sexa posíbel participar na andaina de xeito presencial, poderán colaborar de xeito alternativo a través do dorsal solidario. A recollida de dorsais e camisetas será o mesmo día 20 de setembro, de 11:00 a 16:30 h na Alameda. A organización adianta que ao remate do percorrido, haberá sorpresas para as persoas participantes. Quen teña interese en formar parte da andaina pode facelo a través da web de En Marcha contra o Cancro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.