Muros achega bolsas de até 500 euros a deportistas do concello

02 Setembro 2025

O Concello de Muros informa que xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas locais destinadas a deportistas individuais do municipio para o ano 2025. O prazo de presentación de solicitudes estará operativo até o 21 de setembro de 2025.

Podemos consultar as bases e os modelos normalizados están dispoñíbeis na sede electrónica do Concello de Muros.

O obxecto das axudas serán apoiar a práctica e o rendemento deportivo: mellora técnica e participación en eventos. Poden solicitalas deportistas de carácter individual (modalidades practicas por 1 ou 2 persoas máximo) e actividades desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2025. Achegaranse 500 euros por deportista. O total dispoñíbel é de 500 euros.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.