Medio centenar de embarcacións estarán na liña de saída da Regata Gadis en Ribeira

05 Setembro 2025

Juan Caballero (texto e imaxes). Medio centenar de embarcacións estarán esta fin de semana tomando parte na XIX Regata Gadis, que organiza o Club Náutico de Ribeira, en dúas xornadas de competición con top á primeira proba o sábado a partir do 14.30 h. e o domingo ao 10.30 h.

A maioría da frota estará representada pola clase Optimist. A vela infantil será unha das principais protagonistas da Regata Gadis, poñendo especial atención aos barcos de escola, con nenas e nenos iniciados durante o transcurso deste verán nas diferentes academias de navegación das entidades galegas, sendo esta a súa estrea en competición.

Os xuvenís navegarán nos ILCA 4, máis veloces e con maior preparación para as estratexias de regata e forma física, ao ser o Láser un veleiro individual e cunha vela que porta máis vento.

A praia de Coroso será o escenario elixido polo Comité da Regata de Gadis, que preside o xuíz Miguel Cons, onde próximo aos seus areais montarase o campo entre boias, á vista desde o propio club de Ribeira e a mariña deportiva, ofrecendo un espectáculo visual desde os propios areais da praia.

rotección Civil e Cruz Vermella faranse cargo da seguridade da proba, así como as propias lanchas do club ribeirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.