José López e Valentín García convidan a estudantes do Instituto Axentino-Galego Santiago Apóstolo a manter vivo o legado de Castelao

15 Setembro 2025

O conselleiro de Cultura e Lingua e Xuventude, José López Campos, animou aos estudantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires a manter vivo o legado de Castelao na Arxentina, “país no que nunca deixou de difundir e expandir o seu amor pola lingua, cultura e a terra galegas”. Así llelo transmitiu este luns 15 nun encontro na Cidade da Cultura con esta mocidade, que está a realizar unha viaxe de estudos á Comunidade para coñecer lugares de especial interese patrimonial e natural, así como as principais institucións culturais galegas.

O titular de Cultura do Goberno galego, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, lembroulle a vintena de rapaces e rapazas deste centro bonaerense que a súa visita a Galicia coinciden coa celebración do Ano Castelao, co que a Xunta está a conmemorar o 75 aniversario do falecemento dunha das figuras máis senlleiras da cultura e intelectualidade de Galicia.

Salientaon o “importante papel de defensor e difusor universal da cultura e linguas galegas que desenvolveu Castelao e, dun xeito especial, na Arxentina”, en referencia aos fortes vencellos con este país, onde pasou os últimos anos da súa vida “sen desfalecer en ningún instante o seu galeguismo practicante, cuns valores imperecedoiros que vos animo a seguir mantendo acesos”.

Visita á Castelao. Mirar por Galicia

As e os estudantes, con idades comprendidas entre os 17 e 18 anos de idade, tiraron proveito da súa estancia na Cidade da Cultura de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia para visitar a exposición virtual Castelao. Mirar por Galicia. Trátase dunha das actividades da programación do Ano Castelo para difundir a súa figura e a súa obra facendo uso da Intelixencia Artificial e que permite interactuar cunha recreación hiperrealista do artista.

Cómpre lembrar que o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo puxo en marcha o seu primeiro ciclo lectivo en marzo de 1998 para atender a ampla demanda social da colectividade galega na capital arxentina e, desde entón, foi completando a súa oferta educativa ata abranguer os actuais niveis de infantil, primaria e secundaria. Desde o ano 2003, o centro de ensino conta cun Departamento de Lingua e Literatura Galega, que contribúe aínda máis a reafirmar os valores e trazos da identidade e da cultura do noso país na escola, favorecendo a súa difusión entre o seu estudantado.

O alumnado cursa nel as materias, co galego como lingua vehicular, de Lingua e Literatura, Xeografía e Historia de Galicia. Ademais, o centro conseguiu hai dous meses converterse en Centro de Convenio, dependente do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, unha categoría que o Goberno central levaba 15 anos sen outorgar.

Imaxe de arquivo da exposición interactiva de Castelao

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.