Este xoves 25 o bus do teatro vén até o Barbanza para a representación de “A serie Clopen” en Santiago

23 Setembro 2025

Este 25 de novembro o bus do teatro do Centro Dramático Galego volve ao Barbanza para levar aos seareiros das artes escénicas a Santiago, ao Salón Teatro, para a representación de A serie Clopen, unha divertida peza para todos públicos impulsada polo CDG.

Haberá saídas dende Boiro e Rianxo.

Como dixemos, a cita será este xoves 25 de setembro, con saída fixada para as 15.25 horas dende a Casa da Cultura de Boiro e para as 15:45 horas no caso de Rianxo, dende a contorna do Auditorio Municipal. A función será ás 18.00 horas. O prezo, de 5 de euros.

Trátase dunha obra recomendada para todos o públicos (os menores deben ir acompañados dunha persoa adulta responsábel). As inscricións, a través de cultura@concelloderianxo.gal.

A serie Clopen é unha produción do Centro Dramático Galego con acrobacias imposíbeis, aéreos de impacto, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora. A dirección corre a cargo de Pablo Reboleiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.