O Concello de Rianxo informou do remate dos traballos de renovación da zona de ocio infantil do Parque da Martela, en palabras do Goberno local “unha actuación modesta coa que se arranxou o chan da área de lecer e renováronse os elementos de xogo para que todos os rapaces e rapazas poidan desfrutar deles con seguridade”.
Ademais, foi instalado un bambán (columpio) adaptado para que tamén os rapaces e rapazas con mobilidade reducida poidan gozar do renovado parque.

“Nas próximas semanas seguiremos traballando na zona para renovar tamén diferentes elementos do mobiliario urbano”, sinalou o alcalde Julián Bustelo.




