Dous feridos nunha pelexa a marteladas por tráfico drogas en Vilagarcía

09 Setembro 2025

Dous homes feridos, un deles grave, nunha pelexa con martelo en Vilagarcía vinculada ao tráfico de drogas

TVG

Dous homes quedaron feridos, un deles grave, en Vilagarcía de Arousa por unha pelexa con uso de martelo vinculada co tráfico de drogas.

A Policía Local recibiu o aviso arredor das 08:30 horas, cando unha persoa alertou dunha liorta con ferramentas de ferraxaría na rúa da Pena, no barrio de Trabanca Badiña. Ao chegar, as patrullas atoparon a un home de 42 anos tendido no chan, en convulsións e rodeado de abundante sangue. O 061 mobilizou un soporte vital básico e outro avanzado para trasladalo de urxencia ao Hospital do Salnés.

O segundo implicado, tamén de mediana idade, abandonou o lugar pero foi localizado pouco despois con diversas lesións. Tamén foi ingresado no Hospital do Salnés, onde permanece baixo custodia da Policía Nacional.

No lugar apareceu o martelo supostamente utilizado na agresión. As primeiras investigacións apuntan a que a pelexa estaría relacionada cun conflito vinculado co tráfico de drogas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.