Condenada a un ano e medio de cárcere a excoordinadora do Servizo de Axuda no Fogar de Boiro por malversación de fondos públicos

01 Setembro 2025

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, a un ano e medio de prisión á antiga coordinadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Boiro como autora dun delito continuado de malversación de fondos públicos.

A sentenza tamén establece a súa inhabilitación durante catro anos e seis meses para o exercicio do emprego público de asistente social no Concello de Boiro e para calquera outro cargo relacionado coa atención de persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade.

Ademais, a condenada deberá aboar unha multa de 3.370 euros por un delito continuado de exaccións ilegais. Por este motivo, queda suspendida durante 20 meses e 7 días do exercicio do posto de asistente social e de calquera función pública vinculada á atención de colectivos vulnerables.

A Audiencia tivo en conta a atenuante moi cualificada de dilacións indebidas á hora de fixar a pena. Así mesmo, a procesada terá que indemnizar con 13.669,68 euros ao Concello de Boiro e con 7.327,86 euros ás persoas usuarias afectadas ou aos seus herdeiros.

Segundo recolle a sentenza, a acusada traballou como asistente social no Concello de Boiro desde febreiro de 1994 ata agosto de 2015. Desde 2013 ocupou o cargo de coordinadora do SAF, período no que, segundo o Tribunal do Xurado, apropiouse de sumas de diñeiro que usuarios do servizo lle entregaban directamente ou a través de terceiras persoas, incorporándoas ao seu patrimonio persoal sen ingresalas na tesourería municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.