Chaman a 5.000 persoas para unha cadea humana entre o Centro de Saúde de Ribeira e o Hospital do Barbanza

17 Setembro 2025

As plataformas en defensa da sanidade pública no Barbanza convocan unha cadea humana o vindeiro 11 de outubro, a partir das 16.30 horas, co obxectivo de unir simbolicamente o Hospital do Barbanza co ambulatorio de Ribeira.

As plataformas en defensa da sanidade pública na comarca do Barbanza impulsan unha nova mobilización co obxectivo de reunir 5.000 persoas e formar unha cadea humana que una o Centro de Saúde de Ribeira co Hospital do Barbanza.

A protesta, convocada para visibilizar as carencias do sistema sanitario na zona, pretende denunciar a falta de profesionais en atención primaria e os longos tempos de espera en atención especializada, dous problemas que veñen xerando forte malestar na veciñanza.

Os organizadores lembran que esta acción simbólica busca “unir os dous principais piares da asistencia sanitaria da comarca” para reclamar unha resposta inmediata das administracións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.