Cataluña gaña a Regata da Muller en Vilagarcía tras unha final moi axustada

21 Setembro 2025

Cataluña proclamouse vencedora da Regata da Muller, celebrada ao longo de tres xornadas en Vilagarcía de Arousa baixo a organización das Reais Federacións Española e Galega de Vela, tendo como marco o Centro Galego de Vela.

O equipo de El Balís —formado por María, Jana, Lucía e Martina— asinou a remontada e levouse o triunfo con 27 puntos, ademais do Premio á Regularidade outorgado pola Deputación de Pontevedra. A patrona catalá recoñeceu que os comezos foron complicados: “ao principio foi un caos porque nunca antes navegáramos as catro xuntas, nin en esta embarcación. Fomos collendo confianza manga a manga e finalmente logramos establecer os nosos roles. Foi moi reñido, pero conseguimos o primeiro posto e marchamos con moi boas sensacións e con ganas de repetir”.

As Baleares, representadas polo Real Club Náutico de Palma con Gabriela Morell á caña, foron prata cun axustadísimo resultado a só 1 punto do ouro tras 14 mangas. As Canarias, con Cristina Martínez Doreste, completaron o podio en terceira posición con 33 puntos, recuperando boas sensacións tras unha primeira xornada como líderes e unha segunda máis complicada.

Galicia, co equipo do Real Club Náutico de Vigo patroneado por Paula Ríos, quedou cuarta tamén con 33 puntos, pero co average desfavorable fronte ás canarias. Moi preto, a só tres puntos, situáronse as tamén galegas de Marta Torres (CN Deportivo de Riveira). Paula González (RCN Vigo) foi sexta con 41 puntos, mentres que Murcia, con Carmen Ruiz como patrona, pechou a clasificación con 51 puntos.

A igualdade foi a nota dominante, con só pequenas diferenzas de puntos tras 14 probas, o que reflicte o alto nivel competitivo e a proxección de novas xeracións de regatistas.

A entrega de premios celebrouse ás cinco da tarde nas instalacións do Centro Galego de Vela, nun acto que contou coa presenza do presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; a responsable de Acción Social de ENCE, Ana de Salas; os concelleiros de Vilagarcía Carlos Coira (Deportes) e Luz Abalo (Facenda); a delegada territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Blanca García-Señoráns; a delegada da Consellería do Mar, Elena Suárez; e a directora do Porto de Vilagarcía, Begoña Mesejo.

Foto © RFGV

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.