Canarias lidera en Vilagarcía tras a primeira xornada da Regata da Muller

19 Setembro 2025

Ventos suaves de brisa cálida marcaron o inicio da Regata da Muller, que se disputa no Centro Galego de Vela e reúne a regatistas de cinco comunidades autónomas.

A competición arrancou ás 14.00 horas, cun vento do suroeste que fixo posible a montaxe dun campo de regatas en condicións practicamente ideais: mar en calma e un eixo perfecto entre o barlovento, procedente da Illa de Arousa, e o sotavento, situado entre as Malveiras e Cortegada.

Aínda que a meteoroloxía foi excelente, a caída puntual do vento obrigou ao acurtamento dunha proba e á anulación doutra, circunstancia que o Comité, presidido pola oficial Loli Camba, soubo resolver validando finalmente as tres mangas previstas para esta primeira xornada.

O equipo de Canarias, con Cristina Martínez Doreste á fronte, foi o gran protagonista do día e colócase líder con 4 puntos grazas a uns parciais de 2-1-1. En segunda posición provisional, con 7 puntos (1-3-3), figura a Federación Catalá de Vela, representada polas deportistas do Club Nàutic El Balís, con Jana Rahola como patroa. O Monte Real Club de Yates de Baiona, patroneado por Aitana Pérez, ocupa a terceira praza con 11 puntos (3-6-2).

A segunda xornada celebrarase mañá a partir das 12.00 horas, cun programa amplo para tratar de completar o maior número de mangas posible.

A Regata da Muller está organizada polas Reais Federacións Española e Galega de Vela, co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Ence – Plan Social.

Foto © RFGV

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.