As familias do CEIP O Grupo de Ribeira mobilízanse o luns para reclamar máis profesorado e medios

27 Setembro 2025

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira convocou para o luns 29 de setembro unha xornada de mobilizacións para esixir solucións ás carencias do centro educativo. Baixo o lema “O Grupo quere profes!!”, as familias organizarán caceroladas e concentracións ao longo do día.

O calendario inclúe unha concentración ás 11:30 horas no propio colexio e, xa pola tarde, ás 19:30 horas diante do Auditorio Vello —onde se celebra o pleno do Concello— para facer visible a súa protesta. A continuación, ás 20:00 horas presentarán unha moción cidadá no pleno municipal, co obxectivo de defender os dereitos do alumnado. O remate da xornada está previsto para as 21:00 horas.

Entre as principais reclamacións figuran a falta de profesorado —como o titor de 3ºB ou profesorado NEAE—, a ausencia de apoios e coidadores, a dimisión do equipo directivo que non foi aceptada pola administración, obras sen rematar e problemas de espazo, así como dificultades para atender correctamente ao alumnado.

A ANPA fai un chamamento á cidadanía de Ribeira para que se sume ás mobilizacións e apoie as reivindicacións no pleno municipal. “Xunta, escoita, O Grupo está en loita”, destacan no seu comunicado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.