“Ansia de respostas oportunas”. José Fernández Lago

01 Setembro 2025

Hai tempo que os que somos xa un pouco vellos temos aprendido que o especialista dun determinado sector era o que tiña que indicarnos o que cumpría facer. Velaquí a razón de por que no día de hoxe, no que os que mandan din que España é unha “sociedade de progreso”, e que, entre outras cousas, presumen de ter unha morea de “mozos” e mais que nada “mozas” nos seus Ministerios, os membros do pobo de a pe agardamos sen que nola ofrezan, a resposta axeitada aos problemas que acontecen na nosa sociedade.

No pasado inmediato que chegamos a vivir, houbo unha morea de cousas que tiveron que ver co mal entendemento entre as nacións do noso entorno ou de aqueles países,  que nos agradaría poder afrontar. En tempos nos que non estabamos tan avanzados, sabiamos que sobre iso podía falarnos o Ministro de Asuntos Exteriores.

Tamén acontecían cousas que tiñan que ver cos transportes. Algo así aconteceu hai algúns días, cando suprimiron as comunicacións ferroviarias entre Galicia e Madrid. Foi esta outra ocasión na que os habitantes dos diversos lugares de España estivemos ansiosos de coñecer o que ía pasar naqueles días nos que non había tren que levara a algunha xente ao lugar no que desenrolaba o seu traballo. Tampouco neses momentos tivemos resposta dos entendidos naquel eido, pois nin sequera sabiamos onde estaban.

Onte apareceu nos medios un señor que sabe abondo do que aconteceu nos tempos do franquismo sobre os ataques a garda civís, que remataron coa vida de moitos destes, e que foi un dos xuíces mais recoñecidos naquel entón. Tamén intentamos recoller o que dicía, agora que se ocupa do que acontece de xeito violento no noso país, que é o seu cometido fundamental neste intre; pero, mira por onde, non falaba das mortes violentas se non do que interpretaban outros do que el e os seus compañeiros facían ou deixaban de facer.

Nestes tempos de incendios en todo o territorio español, esperabamos escoitar o que puidera dicir un responsable gobernativo do agro que se estende ao longo de toda España, ou ben algún outro personaxe que tivera unha palabra de autoridade para nos falar deses tristes acontecementos que feriran a tantos españoles, que puxeran as súas esperanzas no que tiñan, e que lles desaparecera totalmente. O caso é que non recibimos ningunha resposta, pois disque se dedicaban a reflectir día tras día mentres estaban de vacacións… Os medios faláronnos dunha breve viaxe do Presidente do Goberno, que se movía por algúns sitios onde non o puideran agraviar os cidadáns do lugar, e da presenza activa dos Reis, acollendo e consolando a unha morea de nenos e maiores de distintas autonomías.

Xuntando todo o que puiden, á luz do que vivira nestes tempos nos que intentei reflectir sobre o que hai, vexo que os ministros apareceron nos medios de comunicación en moitos momentos do tempo anterior ao dos incendios. Certo que semellaba que cada intervención servía para defender ao seu Señor, aínda que non fora no ámbito da súa especial competencia. Mais ben parece que, cando hai que dar cova a quen elixiu a todos eles, van aparecendo un despois do outro, para non se gastaren ningún deles, mesmo se non eran os indicados para o cometido que lles pedían entón.

No que atinxe ao terreo da súa competencia, non vexo que nos deran luz no eido que eles dominaban, pois neste apenas aparecían. O que si, cando había que botarlle unha man ao xefe, especialmente se outros que pensan distinto manifestaban o que aos do goberno non lles agradaba escoitar, ían saíndo, un detrás de outro, cambiando o orde, mesmo se non deixaban claro o que á xente lles interesaba saber.

Resumindo: Temos en España mais ministros e asesores que noutros países; pero, cando os cidadáns de a pe esperamos que nos informen, os coñecedores dese eido non aparecen: ou ben porque todos eles están programados para calquera ámbito que se presente, ou porque están de vacacións. E digo eu: ¿Que poderemos facer por este pobo que sofre? ¿Onde se poderá atopar a luz, a forza e a axuda que precisa?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.