Acordo para facilitar o uso das instalacións da Piscina entre as e os deportistas do Tríatlon Rianxo

12 Setembro 2025

O Concello de Rianxo, a través da Área de Deportes, a entidade xestora do Complexo Deportivo da Piscina municipal, BeOne Fitness & Sport, e o Tríatlon Rianxo, asinaron esta semana un acordo coa finalidade de que as persoas pertencentes a este último poidan facer uso das instalacións da Piscina Municipal, así como do material deportivo existente nela. De esquerda a dereita: Julio Alcalde, tenente de alcalde e Concelleiro de Deportes e Cultura, Luís Tembra, presidente do Club Triatlon Rianxo, e Óscar Rial, director da dita empresa de xestión deportiva.

BeOne é unha empresa referente na xestión de centros deportivos e moi centrada en achegar benestar e a saúde á cidadanía a través dunha variada oferta de actividades e programas deportivos. “O noso centro deportivo”, sinalan dende a empresa, “distínguese polas súas completas instalacións deseñadas para ofrecer unha experiencia deportiva de alta calidade”. Salientan tamén o seu equipamento: cunha gran sala fitness con zonas diferenciadas para cardio, peso libre, adestramento funcional e musculación; e con piscinas para baño e fitness acuático, ao que se engade un spa e máis unha ampla oferta de actividades dirixidas, con clases de tonificación, ciclo indoor e actividades coreográficas, e de corpo-mente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.