A Deputación achega uns encontros técnicos sobre infraestruturas verdes

26 Setembro 2025

A Deputación da Coruña anuncia a celebración dos Encontros Técnicos sobre Infraestruturas Verdes: da teoría á realidade, unhas xornadas que se desenvolverán os vindeiros días 15, 21 e 30 de outubro no Pazo de Mariñán, en Bergondo. Este evento está deseñado como “un espazo de encontro e debate para profesionais e persoal técnico de administracións locais, co obxectivo de superar os obstáculos prácticos na implantación de solucións baseadas na natureza (SbN)”, informou a Deputación.

“Esta iniciativa pon en valor a estreita e imprescindíbel colaboración entre a Deputación e os concellos da nosa provincia para avanzar xuntos cara a un futuro máis sostíbel e resiliente”, sinalou a deputada. “Conceptos como as infraestruturas verdes ou a sostibilidade, cada vez máis presentes nos debates públicos, nas políticas locais e na planificación urbana, non son só palabras de moda, senón solucións reais e eficaces que poden transformar os nosos espazos públicos, mellorar a calidade de vida da veciñanza e fortalecernos para adaptarse aos retos ambientais e climáticos”, engadiu.

Cristina García expresou tamén que “desde a Deputación buscamos ser un aliado para os nosos municipios e fomentar boas prácticas que beneficien a toda a cidadanía”. Neste sentido, “estas xornadas están estruturadas para facilitar o intercambio de coñecemento e experiencias, favorecer a innovación e a planificación estratéxica, e identificar vías de financiamento que fagan posíbel que estes proxectos saian do papel e se materialicen no territorio. En definitiva, buscamos promover modelos de xestión urbana onde as infraestruturas verdes sexan parte integrante das políticas públicas, contribuíndo a un desenvolvemento local máis sostíbel, inclusivo e respectuoso co medio”.

Pola súa banda, o coordinador David Río salientou o “enfoque práctico” das xornadas, “orientadas a abordar os problemas cos que nos atopamos cando traballamos coa integración da natureza no espazo público e, sobre todo, que sirvan de punto de ancoraxe de cuestións que adoitan ser tan teóricas”. Engadiu que será “un espazo de encontro para que entre todos e todas establezamos unha praxe común que faga máis fácil integrar a natureza nos diferentes espazos”.

O programa destas xornadas ofrece un enfoque realista e pragmático para responder ás dificultades que moitas veces impiden aos concellos levar a cabo proxectos de infraestruturas verdes. Desde barreiras técnicas e administrativas ata problemas de financiamento e xestión, os encontros teñen como fin crear unha praxe común que faga viábeis estes proxectos e permita acadar un hábitat máis resiliente e inclusivo.

As xornadas están dirixidas especialmente a persoal técnico e administrativo das áreas de Medio Ambiente, Urbanismo e Planificación, así como a cargos políticos, entidades sociais e profesionais do sector. Abordarán, en tres sesións matinais, os seguintes temas:

15 de outubro: Innovación e visión de futuro

21 de outubro: Financiamento e Planificación

30 de outubro: Implantación e aplicación práctica, con exemplos concretos

Pódese consultar máis información e formalizar a inscrición a través da páxina web www.etivcoruna.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.