A conselleira do Mar analiza en Ribeira a situación do sector e supervisa o operativo do incendio do pesqueiro Awadi

04 Setembro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe a Confraría de Pescadores de Ribeira para avaliar a situación do sector nesta zona do litoral galego e abordar as necesidades específicas dos profesionais. No encontro, no que tamén participou o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, analizáronse posibles melloras no recinto portuario destinadas a reforzar as condicións de traballo da frota.

Villaverde destacou o esforzo inversor levado a cabo este ano por Portos de Galicia, cunha achega de máis de 400.000 euros destinada á renovación dos pavimentos dos viais e á substitución da iluminación do peirao por tecnoloxía LED de última xeración con software de telecontrol, que incrementa a eficiencia enerxética. A conselleira incidiu en que esta liña de actuacións terá continuidade, co obxectivo de reforzar a competitividade dun porto estratéxico que ocupa o terceiro posto en produción en Galicia, con máis de 19.000 toneladas, e o quinto en facturación, con 40 millóns de euros no 2024.

Outro dos asuntos tratados foi a demanda do pósito para reservar prazas de aparcadoiro para os usuarios do peirao. Portos de Galicia está a ultimar o procedemento para asignar estacionamentos identificados mediante tarxetas personalizadas, que xa se están a tramitar cos datos remitidos pola confraría. Os vehículos sen acreditación poderán ser sancionados.

Villaverde tamén puxo en valor a colaboración da confraría coa Xunta, lembrando que Ribeira desenvolveu 19 dos 97 cursos financiados pola Consellería do Mar no marco dunha liña de axudas dotada con 1,5 millóns de euros, que permitiu mellorar a capacitación de preto de 290 profesionais. Ademais, destacou investimentos recentes no porto como a adquisición dunha caseta desmontable para mariscadoras, a construción dun novo almacén e o peche da zona do varadoiro, cun investimento conxunto de 82.000 euros.

Seguimento do incendio do Awadi

A titular do Mar aproveitou a súa visita para coñecer de primeira man a evolución dos traballos de extinción do incendio no pesqueiro Awadi, que se iniciou o pasado luns. O operativo, coordinado por Portos de Galicia, logrou controlar o lume, aínda con focos activos na proa e na ponte da embarcación.

Desde onte os esforzos céntranse no achique da auga acumulada, con máis de 40.000 litros extraídos mediante un xestor autorizado seguindo o protocolo Marpol, co obxectivo de estabilizar o barco e evitar o risco de afundimento. Así mesmo, despregáronse barreiras anticontaminación para previr posibles vertidos na dársena.

A conselleira agradeceu o labor de todos os efectivos mobilizados —Portos de Galicia, Gardacostas, Salvamento Marítimo, bombeiros de Ribeira e Boiro, así como o Grupo de Axuda e Emerxencias Municipal— e explicou que os técnicos traballan para determinar as causas polas que non se puido endereitar completamente o buque. Os labores de achique continúan con novos camións cisterna, dado que aínda restan arredor de 6.000 litros no interior.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...