A Anpa do CEIP O Grupo de Ribeira súmase á mobilización polo ensino público en Santiago

13 Setembro 2025

A Anpa do CEIP O Grupo de Ribeira participou este sábado na manifestación convocada en Santiago de Compostela pola CIG-Ensino en defensa do ensino público. Ao acto sumáronse tamén outras anpas da Barbanza, como a de Asados, xuntándose un grupo de arredor de medio cento de persoas procedentes de Ribeira.

Anpa Santa Uxía

Na comitiva estaban presentes membros da Anpa Santa Uxía, profesorado do propio centro, nais e pais de alumnado de 3º de Primaria, estudantes, a directora do colexio Nieves Lampón, así como docentes doutros centros do municipio, como Aguiño e Frións. Tamén participaron representantes políticos, entre eles a concelleira de Educación de Ribeira, Cruz Rivadulla, e os concelleiros Veva e Francisco Suárez-Puerta.

O colectivo levaba a súa propia pancarta cos lemas «O Grupo quere profes e Xunta escoita» e «O Grupo está en loita!», consignas que foron coreadas ao longo do percorrido xunto a outras como «Os nenos do Grupo teñen dereitos» ou «Menos recortes, máis educación».

A manifestación, que contou coa participación de máis dun milleiro de persoas e o apoio da Confederación de Anpas de Galicia, percorreu as rúas do centro compostelán desde a Alameda ata Praterías, pasando polo Hórreo, o Toural e a rúa do Vilar.

O presidente da Anpa, Unai González, interveu en varios medios de comunicación para expor a problemática que afecta ao CEIP O Grupo.

De cara á próxima semana, o colectivo recorda que este luns 15 de setembro está convocada unha concentración ás 11:30 horas diante da porta principal do colexio, que incluirá unha cacerolada e a lectura dun manifesto. Pola tarde, ás 18:00 horas, celebrarase unha Asemblea Xeral de familias e profesorado á que tamén están convidados os medios de comunicación.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.