Tres persoas hospitalizadas por intoxicación de fume nun incendio en Ribeira

17 Agosto 2025

Un incendio declarado arredor das 15.00 horas deste domingo nunha vivenda da zona de Os Areeiros, en Ribeira, obrigou ao traslado de tres persoas ao hospital do Barbanza con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

A D C Bombeiros Boiro

Foi un veciño quen alertou ao 112 tras observar saír fume da casa e sospeitar que podía haber xente no interior. No momento do suceso, tres persoas atopábanse na vivenda e tiveron que ser evacuadas polos servizos sanitarios do 061.

Segundo informaron fontes de emerxencias, o lume orixinouse no baixo do inmoble. Antes da chegada dos equipos, os propietarios tentaron sufocar as lapas, pero o sótano acabou sufrindo importantes danos, así como dous vehículos que se atopaban alí estacionados: un deles foi alcanzado polas chamas e o outro quedou moi afectado polo fume.

No operativo participaron o GAEM de Ribeira, os bombeiros de Ribeira e Boiro, a Policía Local, a Policía Nacional e os servizos sanitarios, que conseguiron evitar que o incendio se propagase á planta superior da vivenda.

A dotación de bombeiros indicou que chegou a arder por completo o baixo. Ademais, un turismo veuse afectado polo fume e outro polo lume.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.